Novas

  • Noticia_img

    07/04/2024

    A Xunta forma o persoal técnico dos Polos de emprendemento e as empresas asesoradas na rede en Responsabilidade Social Empresarial

    Esta semana tivo lugar unha primeira xornada informativa para que os técnicos poidan promover que os negocios que atenden se desenvolvan tendo en conta de xeito equilibrado ás variables económicas, ambientais, sociais e de bo goberno. Entre outras cuestións, tratouse o programa Responsabilízate impulsado polo Goberno galego, que está xa na súa cuarta edición e que ten como reto principal impulsar a sustentabilidade e competitividade nas empresas galegas. A acción ten lugar no marco da Estratexia Galega de RSE 2023-2025, que persegue unha sociedade máis igualitaria e integradora, que consiga reducir as desigualdades e mellorar a calidade de vida e a conservación da contorna.

  • Noticia_img

    01/04/2024

    A Xunta presenta ao Goberno de Aragón a súa estratexia a prol do emprendemento e da xeración de riqueza e emprego mediante a Rede de polos

    A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou o Polo de emprendemento de Baños de Molgas coa vicepresidenta segunda e consejera de Economía, Empleo e Industria aragonesa, Mar Vaquero. Destacou que a Rede está composta por 13 centros activos coa previsión de acadar en breve os 15 espallados por todo o territorio galego, prestando asesoramento a novas persoas emprendedoras ou para garantir a remuda xeracional. Desde a posta en marcha da iniciativa en xullo de 2022, téñense atendido arredor de 1.500 proxectos en toda a Comunidade, máis de 300 deles na provincia de Ourense.

  • Noticia_img

    25/03/2024

    Rivo salienta a importancia do Polo de Coristanco para xerar emprendemento e fixar poboación no rural

    A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou a oficina coa que se está a impulsar o emprendemento na comarca e a súa contorna. Destacou a aposta do Goberno galego polo emprendemento a través da Rede de polos que xa conta con 13 centros, sinalando o asesoramento específico que presta no caso de proxectos de remuda. O Polo de Coristanco atendeu desde a súa posta en marcha 166 iniciativas empresariais, das que preto dun 20 % son de remuda.

  • Noticia_img

    22/03/2024

    A Xunta salienta que o 62 % dos 160 proxectos atendidos no Polo de emprendemento do Porriño están impulsados por mulleres

    O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento ‘Xestión financeira para persoas emprendedoras’ organizado desde o Polo porriñés. O acto busca fomentar a reflexión e o debate sobre as estratexias financeiras máis axeitadas para facer crecer as empresas, coñecendo prácticas innovadoras e efectivas.

  • Noticia_img

    21/03/2024

    A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras

    O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de Melide en colaboración co Clúster. O representante autonómico destacou a aposta do Goberno galego polo emprendemento a través da Rede de polos que xa conta con 13 centros, sinalando o asesoramento específico que presta no caso de proxectos de remuda. A oficina de Melide atendeu desde a súa posta en marcha 55 proxectos promovidos por 52 persoas emprendedoras (preto do 60% mulleres).

  • Noticia_img

    20/03/2024

    A Xunta pon de relevo os máis de 60 proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Mondoñedo dos que un 56% están impulsados por mulleres

    A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento ‘Como ter un Google Business Profile excelente’ organizado desde o Polo mindoniense. Salientou que a provincia de Lugo aglutina máis de de 350 iniciativas asesoradas pola Rede de polos, entre as que destacan as relacionadas coa hostalaría.