O noso propósito é acompañarte para acadar un emprendemento de éxito e para iso é moi importante ter un método adaptado á contorna e ás necesidades de cada proxecto emprendedor.
A metodoloxía axúdanos a emprender reducindo o risco e a incerteza e permítenos tamén adquirir coñecementos do saber facer como persoa emprendendora para aplicalo hoxe, mañá e sempre.
Podes incorporarte co teu proxecto cando o necesites, non temos datas de admisión nin límites. Poderás ir ao teu ritmo segundo a presa que teñas por avanzar.
Un titor ou titora de proxectos acompañarate por todo o itinerario da formación e do apoio ao emprendemento.
En función do nivel de madurez do teu proxecto, terás un itinerario adaptado ás singularidades do teu emprendemento.