17/07/2026
Apostando pola colaboración público-privada, José González destaca a futura Estratexia de emprendemento ligado ao territorio ou a Galicia Retorna que avoga por atraer os residentes no exterior ao mercado laboral galego, por conta propia ou allea. Celebra as máis de 150 adhesións á Rede Ultreia a prol do emprendemento e os arredor de 6.800 proxectos asesorados na Rede de polos, así como as cifras históricas de desemprego acadadas no pasado mes de xuño en Galicia
08/07/2026
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no evento ‘Polo Tour 2026’, organizado en Xinzo desde o Polo de Verín coa colaboración da Asociación de Empresas e Comercios da Limia (Prolimia). Agradeceu a implicación no evento da entidade limiá, poñendo en valor ademais que estree centro comercial aberto e celebre hoxe o sorteo da primeira campaña desenvolvida conxuntamente cos tamén CCA de Celanova Chea e Aever Verín
08/07/2026
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no ‘Demo Day’ da iniciativa impulsada polo Goberno galego, a plataforma U4impact e as universidades públicas galegas. No Centro de Orientación ao Emprendemento, cualificou os catro proxectos presentados como solucións innovadoras de impacto real tras a colaboración do estudantado participante con persoas asesoradas na Rede de polos
24/07/2026
17/07/2026
08/07/2026