Novas

  • Noticia_img

    02/07/2024

    A Xunta destaca a Galicia como terra de oportunidades para o emprendemento

    O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta tarde en Pontevedra no evento Tardeo solidario

  • Noticia_img

    14/06/2024

    O polo de emprendemento de Friol da Xunta prestou xa asesoramento a preto de 150 proxectos empresariais, máis dun 20% do ámbito científico e técnico

    O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Os polos, comunidade emprendedora, que organizou o centro lucense no marco do seu programa de actividades. Fernández salientou que a Xunta está a configurar unha estratexia galega para o emprendemento que se baseará nun estudo previo de mercado. O Mapa de Emprendemento, que busca integrar todos os axentes e recursos neste eido, conta xa con máis de 180 entidades adheridas.

  • Noticia_img

    10/06/2024

    A Xunta salienta que case o 60% das persoas atendidas nos polos de emprendemento da provincia de Ourense son mulleres

    A directora xeral de Promoción da Igualdade e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social clausuraron en Verín a xornada “O emprendemento feminino como motor do desenvolvemento rural”. A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reivindicou o papel das mulleres que emprenden no rural e chamou a seguir rachando coas fendas de xénero. A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo en valor a puxanza do emprendemento feminino e o potencial do rural na creación de novos negocios.

  • Noticia_img

    05/06/2024

    A Xunta pon en valor a Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou asesoramento a 45 proxectos da comarca de Pontevedra

    O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na apertura da Xornada de Emprendemento no Camiño coa que colabora a Administración autonómica para impulsar o traballo por conta propia. Os polos atenderon 28 iniciativas empresariais da cidade pontevedresa e 5 de Poio. Fernández destacou que a configuración da futura Estratexia galega de emprendemento basearase nun estudo previo de mercado.

  • Noticia_img

    29/05/2024

    A Xunta salienta o apoio á creación de novas cooperativas coa Rede de polos de emprendemento

    O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura da presentación da iniciativa EspazoCoop Emprende que pon en marcha a Unión de Cooperativas Galegas para promover esta fórmula empresarial en Galicia. Puxo en valor a Estratexia de Economía Social con horizonte ata 2027 coa que o Goberno galego aspira a xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. O Goberno galego está a traballar no deseño da nova Lei de cooperativas para adaptala aos novos tempos contando coas achegas do sector. O orzamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinado á economía social en 2024 creceu nun 3%, chegando ata os 43,6 millóns de euros.

  • Noticia_img

    24/05/2024

    A Xunta convida a través da Rede de polos de emprendemento a cambiar o modelo de negocio ou o seu enfoque na busca dunha maior competitividade

    A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe o foro A senda do emprendemento: pivotar para mellorar organizado por AJE Coruña co apoio do Goberno galego. Enmarcada na axenda da Rede de polos que ten 13 centros activos na Comunidade, a acción serviu para que diferentes perfís profesionais compartiran as súas experiencias explorando novas posibilidades nos seus proxectos empresariais.