13/03/2024
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento ‘A remuda xeracional na IXP do Pan de Cea’, onde destacou que a través da Rede de polos estase a traballar para garantir o mantemento de negocios. Sinalou que o Polo do Carballiño conta na actualidade con cinco proxectos dispoñibles para que persoas interesadas poidan retomalos tras deixalos os seus anteriores titulares, contactando a través da web da Rede ou citándose cos técnicos do centro. En total, no Polo carballiñés lévanse atendido un cento de iniciativas das arredor de 300 rexistradas no conxunto da provincia de Ourense, que conta xa con catro Polos de emprendemento en funcionamento.
05/03/2024
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, inaugurou hoxe o novo centro que supón o cuarto para a provincia de Ourense xunto co de Verín, O Carballiño e O Barco de Valdeorras. O total de proxectos atendidos nos tres polos ourensáns son uns 280 nos que predominan por sectores os servizos, seguido da hostalería e do primario. Rivo puxo en valor a contribución da Rede de polos a fixar poboación no rural, atraendo iniciativas de dentro e fóra de Galicia. Destacou que os polos son “útiles” para atraer talento e para fixar poboación e sinalou que a Rede estase a reforzar con máis asesoramento no eido da economía social e centrado na remuda xeracional.
01/03/2024
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, clausurou unha xornada en Castrelo de Miño onde tres persoas emprendedoras deron conta das súas experiencias de asesoramento no centro carballiñés. No conxunto da provincia de Ourense, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego leva acollido case 300 iniciativas no Carballiño, Verín e O Barco de Valdeorras, á espera de que se inaugure en breve un novo centro en Baños de Molgas.
16/02/2024
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no evento ‘Márketing dixital: claves para vender de forma irresistible’. Destacou que o Polo de Melide leva atendido xa arredor de medio cento de proxectos -o 60% deles promovidos por mulleres- entre os que destacan os hostaleiros.
13/02/2024
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no evento ‘NeoSkills: realidade virtual para o desenvolvemento das competencias’ organizado desde o Polo porriñés. Destacou que o centro do Porriño leva atendido xa arredor de 140 proxectos, o 61 % deles promovidos por mulleres. Lembrou que onte se abriu o prazo de solicitude das axudas ao emprendemento con achegas de ata 30.900 euros para dar cobertura a investimentos en equipamento informático, mobiliario ou eficiencia enerxética.
12/03/2025
03/03/2025
28/02/2025