Con data 13 de abril de 2023 (DOG nº 71 do 13 de abril de 2023) publicouse a Resolución do 22 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma Galega (PR937A).
Esta axuda ten por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Tal e como establece a resolución que a regula, poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os/As cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Segundo o artigo 8.f da convocatoria, para poder solicitar a axuda, é preciso presentar un informe de viabilidade económica e financeira dunha entidade independente ao Plan de negocio empresarial requerido segundo o anexo II da convocatoria.
Se precisas solicitar este informe de viabilidade ou que che axudemos a definir o dito plan ponte en contacto con nós cumprimentando o seguinte formulario.
Poñerémonos en contacto contigo desde a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego para axudarche neste proceso.