Novas

  • Noticia_img

    23/05/2024

    A Xunta forma no posicionamento de marca para o aumento da competitividade das empresas a través do Polo de emprendemento de Melide

    A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe en Santiago de Compostela a actividade formativa ‘Crea a túa marca explorando na súa identidade’ organizada desde o Polo melidense. Co gallo da actividade, diferentes proxectos de emprendemento recibiron nocións para desenvolver as súas respectivas marcas e traballaron en equipo para perfilar diferentes estratexias. O Polo de Melide leva atendido desde que se inaugurou en novembro pasado arredor de 80 proxectos, relacionados sobre todo co sector servizos.

  • Noticia_img

    15/05/2024

    A Xunta aposta a través do Polo de emprendemento de Silleda por reforzar o tecido produtivo local

    O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, inaugurou esta tardiña na sede do Polo o evento ‘Somos negocio de proximidade: explorando fortalezas e oportunidades’, para detectar oportunidades de crecemento como a dixitalización. Aproveitou para destacar que o Consello da Xunta desta semana aprobou 2,25 millóns en axudas para os centros comerciais abertos, e sacará unha convocatoria nova este ano para financiar proxectores tractores de dinamización destas entidades. Desde a súa posta en marcha en xullo de 2022, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda ten atendido máis de 200 proxectos, un 62% deles impulsados por mulleres.

  • Noticia_img

    15/05/2024

    A Xunta pon de relevo a colaboración da rede de polos con AJE Galicia para o fomento do emprendemento

    A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou esta tarde en Vigo a xornada ’Aprende a xerar ingresos coas redes sociais da túa empresa’, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia. Enmarcada nas accións da Rede de polos de emprendemento que ten 13 centros activos na Comunidade, forma parte tamén do convenio asinado con AJE Galicia para a titorización de negocios e a organización de congresos ou actividades de networking.

  • Noticia_img

    19/04/2024

    A Xunta pon de relevo que o 57 % dos proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Coristanco están impulsados por mulleres

    O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento ‘Muller rural emprendedora, desafíos e oportunidades’ celebrado en Santa Comba e organizado desde este Polo coruñés. Salientou que -desde a súa inauguración en outubro de 2022- o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco ten atendido máis de 170 iniciativas, impulsadas por emprendedores cos que se realizaron preto de 900 titorías. O conxunto da provincia da Coruña aglutina máis de 500 iniciativas -no centro de Coristanco e nos de Ferrol e Melide- entre as que destacan as relacionadas co sector servizos, seguidas das do sector primario e da hostalaría.

  • Noticia_img

    17/04/2024

    A Xunta lanza un espazo web que reunirá todos os recursos para impulsar o emprendemento en Galicia

    José González puxo en valor a Rede de polos que, con 13 centros en Galicia, xa asesorou ao redor de 1.600 novos proxectos empresariais en menos dous anos. A Administración autonómica ten en marcha un plan de remuda para negocios sen continuidade ao que se adheriron xa un cento de empresarios. Galicia consolidouse neste inicio de ano como a comunidade con maior esforzo investidor en materia de emprego, con máis de 200 millóns mobilizados.

  • Noticia_img

    10/04/2024

    A Xunta estudará a colaboración de emprendedores sénior coa Rede autonómica de polos para reforzar o asesoramento que presta da man de expertos

    O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, clausurou o acto do 30 aniversario de Secot-Galicia, unha entidade que ofrece asesoramento ás persoas emprendedoras a través do voluntariado sénior. Puxo en valor a Rede que está composta por 13 centros activos coa previsión de acadar en breve os 15 espallados por todo o territorio galego, prestando asesoramento experto a novas persoas emprendedoras ou para garantir a remuda xeracional. Desde a posta en marcha da iniciativa en xullo de 2022, téñense atendido arredor de 1.600 proxectos en toda a Comunidade, preto de 400 na provincia de Pontevedra.