05/07/2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron en Santiago na xornada Emprender, un oficio de risco, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia
02/07/2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta tarde en Pontevedra no evento Tardeo solidario
14/06/2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Os polos, comunidade emprendedora, que organizou o centro lucense no marco do seu programa de actividades. Fernández salientou que a Xunta está a configurar unha estratexia galega para o emprendemento que se baseará nun estudo previo de mercado. O Mapa de Emprendemento, que busca integrar todos os axentes e recursos neste eido, conta xa con máis de 180 entidades adheridas.
10/06/2024
A directora xeral de Promoción da Igualdade e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social clausuraron en Verín a xornada “O emprendemento feminino como motor do desenvolvemento rural”. A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reivindicou o papel das mulleres que emprenden no rural e chamou a seguir rachando coas fendas de xénero. A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo en valor a puxanza do emprendemento feminino e o potencial do rural na creación de novos negocios.
05/06/2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na apertura da Xornada de Emprendemento no Camiño coa que colabora a Administración autonómica para impulsar o traballo por conta propia. Os polos atenderon 28 iniciativas empresariais da cidade pontevedresa e 5 de Poio. Fernández destacou que a configuración da futura Estratexia galega de emprendemento basearase nun estudo previo de mercado.
29/05/2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura da presentación da iniciativa EspazoCoop Emprende que pon en marcha a Unión de Cooperativas Galegas para promover esta fórmula empresarial en Galicia. Puxo en valor a Estratexia de Economía Social con horizonte ata 2027 coa que o Goberno galego aspira a xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. O Goberno galego está a traballar no deseño da nova Lei de cooperativas para adaptala aos novos tempos contando coas achegas do sector. O orzamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinado á economía social en 2024 creceu nun 3%, chegando ata os 43,6 millóns de euros.
15/11/2024
14/11/2024
01/11/2024