Noticia_img

Arias destaca na xornada Lucus Emprende as axudas e os recursos que ofrece a Xunta para o emprendemento

05 de xuño, 2025

A xornada ofreceu un ambiente enriquecedor onde todos os asistentes puideron aprender uns dos outros, colaborar e acceder a recursos que as axuden a alcanzar as súas metas emprendedoras.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xornada Lucus Emprende, organizada na Tinería para difundir a cultura emprendedora a través do intercambio de experiencias entre empresarios lucenses.

 

A iniciativa conta coa colaboración do Goberno galego a través dos Polos de Emprendemento que, segundo explicou o delegado, “son novos recursos que están funcionando moi ben, por proximidade e servizo, ofrecendo acompañamento aos emprendedores en todas as etapas da posta en marcha do negocio, desde o acceso ás axudas ata as xestións administrativas”.

 

Neste sentido, explicou que a Xunta convoca distintos programas de apoio para promover o emprego autónomo e a expansión ou dixitalización das empresas, e apuntou que as persoas interesadas poden atopar a información que precisen na web da Administración autonómica oficinadoautonomo.gal.