16/04/2025
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron nunha xornada organizada no Polo de Melide con motivo desta data - Destacaron o esforzo prioritario do Goberno galego a prol do emprendemento, ao que se destinan máis de 32 millóns de euros neste exercicio, con especial foco naquel que ten pegada directa no territorio e nas contornas onde se asenta - Puxeron en valor iniciativas como a Rede de polos, posta en marcha en 2022 e que xa leva atendido máis de 3.700 proxectos a través das súas 15 oficinas activas, así como o programa Fixar, orientado a atraer nómades dixitais ao rural - As políticas de apoio ao emprendemento impulsadas pola Xunta levaron a Galicia a recibir o galardón europeo como ‘Rexión Emprendedora Europea 2025’
11/04/2025
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, presentou esta mañá o programa Impulsa o Talento novo nunha xornada organizada polo Polo de Melide en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago
12/03/2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, pechou esta tarde a terceira edición do foro ‘O Salnés emprende con M’ organizado pola Mancomunidade do Salnés e o Centro de Información á Muller (CIM) da comarca Puxo en valor os máis de 3.500 proxectos atendidos no conxunto da Rede de polos polo emprendemento e apoio ao emprego e destacou o seu papel na xeración de oportunidades e no fortalecemento do liderado empresarial das mulleres
03/03/2025
O proxecto O camiño do emprendemento musical compaxinará eventos presenciais e mentorías con artistas e profesionais do sector dirixidos ás mozas e mozos galegos que estean a barallar este campo como unha saída profesional A iniciativa arrincará o vindeiro luns, 3 de marzo, cun evento piloto na Sala Pelícano da Coruña e posteriormente seguirase desenvolvendo noutros puntos de Galicia As inscricións para participar poderán facerse a través da web da rede de polos de emprendemento
28/02/2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na Estrada no peche da xornada Emprender superando retos persoais -na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, Gonzalo Louzao- organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda. Con esta iniciativa búscase conectar a persoas emprendedoras que superaron obstáculos persoais e poder aprender da súa experiencia.
20/02/2025
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na xornada Impacto positivo e emprendemento, organizada polo Polo de emprendemento de Silleda, que leva atendidos desde a súa creación máis de 300 proxectos
05/06/2025
29/05/2025
27/05/2025