15 de novembro, 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá en Mos na xuntanza da mesa local de comercio da localidade, un encontro que contou coa participación da alcaldesa do concello, Nidia Arévalo, así como doutros representantes municipais e de comerciantes da localidade.
Gabriel Alén destacou o papel fundamental destas mesas como foros de cooperación, debate e participación entre a administración autonómica, local e os axentes representativos do tecido comercial, na mesma liña de colaboración e escoita activa do proceso aberto actualmente pola Xunta para recoller as achegas de todo o sector de cara á elaboración do Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030.
Por outra banda, Gabriel Alén tamén participou hoxe en Mos na apertura institucional da xornada Conectando o Polo co sector comercio: Impulsando unha asociación de comerciantes, baixo a organización do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, un dos tres situados na provincia de Pontevedra tras a inauguración esta mesma semana dunha nova oficina en Vilanova de Arousa, acadando así as 15 en toda Galicia.
A actividade, dirixida principalmente ao tecido comercial e emprendedor deste concello pontevedrés, tivo como obxectivo ofrecer asesoramento e transmitir boas prácticas de cara á creación dunha asociación de comerciantes, explicando tamén os retos máis comúns neste proceso.
Gabriel Alén fixo fincapé na importancia deste tipo de actividades como punto de encontro para o tecido comercial -unha xuntanza que tamén serve como espazo de debate e escoita activa para analizar as demandas e inquedanzas do sector- e salientou a importancia do asociacionismo para seguir fortalecendo o comercio local. Neste marco, puxo de relevo o labor dos Polos para impusar o emprendemento ligado ao territorio, un eido no que o comercio xoga un factor fundamental como dinamizador de vilas e cidades, ademais de xerador de riqueza e emprego nas súas contornas.
29/05/2025
27/05/2025
12/05/2025