02 de xullo, 2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta tarde en Pontevedra no evento Tardeo solidario, organizado por estudantes do certificado de profesionalidade en Xestión de Marketing e Comunicación do grupo Aspasia para dar visibilidade aos seus proxectos de emprendemento e promover causas benéficas. Alí puxo en valor o potencial de Galicia para emprender e as accións que desenvolve a Xunta para potenciar a creación de novos negocios.
Unhas actuacións, lembrou que levaron a que Galicia fose recoñecida pola Unión Europea como Rexión Emprendedora Europea 2025. Entre elas destacou a estratexia que o Goberno galego está a desenvolver nesta materia, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con 13 centros activos na actualidade; o proxecto piloto de coliving que se desenvolverá coa Asociación Sende para atraer nómades dixitais ao rural e fixar poboación e o Mapa de emprendemento virtual que integrará todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia.
15/11/2024
14/11/2024
01/11/2024