17/07/2022
Cando pensamos en emprender, moitas persoas teñen presa e certa ansiedade por comezar coa actividade do seu emprendemento. Existe por así dicilo, a sensación de que se non están no mercado, non están emprendendo. En realidade o emprendemento, ao igual que as guerras, empeza moito antes que o primeiro disparo.
12/07/2022
Galicia escala posicións no ranking europeo. O diagnóstico que arroxa o último Informe de Innovación Rexional da Comisión Europea, Galicia consegue escalar 34 postos no ranking europeo, agora sitúase no 156 dun total de 240 rexións. A maior fortaleza de Galicia reside no seu marco institucional, o sistema educativo e as políticas activas de emprego considéranse elementos incentivadores da innovación.
07/07/2022
Que é o Emprendemento Social? O emprendemento social é a parte do emprendemento que se centra no desenvolvemento de iniciativas e redes compartidas capaces de xerar valor engadido social nun sentido amplo. Emprendedores que baseen a súa proposta e idea de negocio na resolución de problemas sociais que se agravan ou derivados de novas causas, por exemplo, os derivados do cambio climático, riscos ecolóxicos, etc. “Incide nun tecido empresarial máis diverso e competitivo, nun territorio máis sostible e cooperativo e, en definitiva, nunha sociedade máis cohesionada” (María Jesús Lorenzana)
05/07/2022
Todos temos gravada a frase de que a orde dos factores non altera o resultado do produto, e é que se pensamos no termo produto como o resultado da multiplicación de diversos factores, isto é enteiramente certo, pero emprendendo, a orde dos factores, a orde dos pasos que realicemos, altera substancialmente o produto, pero pensando agora no produto como a solución que levamos ao mercado.
15/10/2024
08/10/2024
23/09/2024