Noticia_img

A Xunta estrea os ‘Venres cooperativos’ cunha visita da cidadanía ás entidades Clun Ames e Casa do Maior

02 de xuño, 2023

A de hoxe foi a primeira das catro xornadas organizadas os venres deste mes desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para dar coñecer a experiencia de cooperativas de diferentes sectores e atraer a novos emprendedores a iniciar a súa actividade seguindo as fórmulas de economía social.

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe na primeira visita dos Venres Cooperativos, programados pola Xunta nas vésperas da celebración o próximo 1 de xullo do Día Internacional do Cooperativismo, e que hoxe permitiu ás persoas participantes coñecer de primeira man o traballo de dúas entidades: Clun Ames (cooperativa agropecuaria) e a Casa do Maior (traballa no sector dos coidados a persoas maiores).

 

A de hoxe foi a primeira das catro xornadas organizadas os venres deste mes desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para dar coñecer a experiencia de cooperativas de diferentes sectores e atraer a novos emprendedores a iniciar a súa actividade seguindo as fórmulas de economía social. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén abertas as inscricións no programa no seguinte enderezo: http://polosemprendemento.gal/calendar/os-venres-cooperativos.