Os venres cooperativos

Dende 02 de xuño, 2023 - Ata 02 de xuño, 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, organiza do 2 ao 23 de xuño os “Venres Cooperativos”, catro xornadas de portas abertas que se desenvolverán na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración o vindeiro 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo. 

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, organiza do 2 ao 23 de xuño os “Venres Cooperativos”, catro xornadas de portas abertas que se desenvolverán na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración o vindeiro 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo. 

O obxectivo pasa por visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio ao tempo que se dan a coñecer as funcións dos polos de emprendemento e apoio ao emprego e se favorece a creación de redes de colaboración e negocio.

 

 

Venres 2 de xuño. CLUN + CASA DO MAIOR. Organiza: Polo Costa da Morte.

Horario: De 12 a 14 horas.

Lugar: na Cooperativa Clun. Ames (A Coruña)

 

Venres 9 de xuño. VIÑA COSTEIRA + XEITURA. Organiza: Polo Miño Central.

Horario: De 12 a 14 horas.

Lugar: na Cooperativa Viña Costeira. Ribadavia (Ourense)

 

Venres 16 de xuño. HORSAL + FACTORÍA ARTELIER. Organiza: Polo Pontevedra Norte e Rías Baixas

Horario: De 16 a 18 horas.

Lugar: na Cooperativa Horsal. Vilariño (Pontevedra)

 

Venres 23 de xuño. AIRA + MILHULLOA. Organiza: Polo Lugo Sur

Horario: De 12 a 14 horas.

Lugar: na Cooperativa Aira. Taboada (Lugo)

 

Descrición da actividade:

  • Visita á cooperativa. Coñeceremos as instalacións e o traballo que desenvolve a cooperativa agraria que acolle o evento á vez que aprendemos que son os polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Dinamiza: Cooperativa Skeirrum

  • Conversa 360º. Un espazo co obxectivo de falar sobre emprendemento e cooperación ao tempo que as persoas participantes se coñecen.

Dinamiza: Cooperativa 50pés consultoras

  • Aperitivo networking. Aperitivo cooperativo. É o momento de poder establecer redes de colaboración e negocio.

Presencial

Voltar