20 de setembro, 2023
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Emprendemento, Margarita Ardao, participaron hoxe nun encontro de coordinación entre técnicos da Rede de polos de emprendemento e representantes da Axencia Galega de Innovación (Gain) co obxectivo de establecer mecanismos de coordinación para poñer a dispor dos galegos todas as axudas autonómicas en materia de emprendemento e innovación a través destes centros.
Fernández puxo en valor no encontro a necesidade de que o tecido empresarial galego, especialmente as persoas que se están a iniciar no emprendemento, poidan dispor de información completa acerca das axudas ás que poden optar tanto para a posta en marcha da súa idea de negocio como no eido da innovación. Quixo destacar a utilidade de xuntanzas internas como a de hoxe, que evidencian a aposta transversal que a Xunta está a desenvolver en favor dun crecemento económico sustentable que xere emprego estable e de proximidade.
17/12/2024
A Xunta impulsa un programa de emprendemento innovador no marco do Polo do Barco de Valdeorras
27/11/2024
15/11/2024