Noticia_img

Xornada de detección de oportunidades, necesidades e retos de empresas tractoras no Polo de Emprendemento Pontevedra Norte e Rías Baixas

09 de novembro, 2022

Unha oportunidade para coñecer de primeira man o que ofrece á Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego e de participar na identificar das necesidades e oportunidades do tecido empresarial da contorna do Polo de Pontevedra Norte e Rías Baixas

O obxectivo do encontro é a detección de necesidades e retos actuais e futuros do ecosistema empresarial no Polo Emprendemento e Apoio ao Emprego de Pontevedra Norte e Rías Baixas.
Trátase de identificar coas empresas tractoras participantes as necesidades e as capacidades non cubertas para afrontar retos, de cara a establecer demandas que poidan ser cubertas por ideas de negocio de futuros emprendedores del polo, ou por actividades formativas que poda impulsar o polo.
O evento levarase a cabo cunha metodoloxía participativa que facilita o establecemento ou o reforzo de relacións inter e intrasectorias.
Participarán empresas tractoras e asociacións de empresarios da contorna do Polo Emprendemento e Apoio ao Emprego de Pontevedra Norte e Rías Baixas
 
Programa.
9:45h.-  Recepción de asistentes.
10:00.-  Benvida e presentación da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego.
10:20-10:50.- Dinámica inicial de detección de necesidades.
10:50-12:20.- Mesas de discusión en world café.
Mesa 1. Necesidades de soporte da empresa.
Mesa 2: Necesidades no ámbito comercial.
Mesa 3: Necesidades no ámbito operacional.
12:20-12:40.- Presentación das conclusións.
12:40.- Peche da xornada.