Noticia_img

Prepararte ou arriscarte.

17 de xullo, 2022

Cando pensamos en emprender, moitas persoas teñen presa e certa ansiedade por comezar coa actividade do seu emprendemento. Existe por así dicilo, a sensación de que se non están no mercado, non están emprendendo. En realidade o emprendemento, ao igual que as guerras, empeza moito antes que o primeiro disparo.

A preparación, o modelado da solución que queremos levar ao mercado, e todo o que ten que ver cos procesos cos que imos achegar valor aos nosos futuros clientes, canto máis e mellor definidos estean no momento de saír ao mercado, maior posibilidade de éxito comercial imos  ter.

 

Prepararte para emprender é sen dúbida unha medida intelixente e necesaria. En primeiro lugar, porque mellora as probabilidades de éxito. Por medio da preparación, o emprendedor acércase ao mercado dunha forma controlada para validar, antes de levar a cabo investimentos importantes, que a súa solución é aceptada polo público e que este, está disposto a pagar. Mellórase o produto ou o servizo, axústanse as mensaxes comerciais, formúlanse accións de difusión e comercialización para poder acadar o volume de vendas que fará da actividade emprendedora, unha empresa viable. En definitiva, prepárase a obra, antes de saír a representala ao escenario.

 

Pero ademais, prepararse para emprender é a mellor forma de incorporar nas nosas habilidades e coñecementos a capacidade de levar a cabo un proxecto empresarial, xa que moi posiblemente, por unha causa ou por outra, quen emprende unha primeira vez, faino en máis ocasións. Xa sexa de forma paralela, complementaria, secuencial ou cómo se tercie, é moi común e frecuente que se sabemos cómo facelo, vaiamos vendo novas oportunidades de emprendemento que nos motiven a continuar expandindo o noso espírito emprendedor.

 

Pénsao por un intre, as profesións do emprendedor son varias, por un lado, a capacidade técnica relacionada co produto ou o servizo no que baséase a súa solución, pero por outro lado, a capacidade de levar a cabo unha empresa que articule esa solución para achegar aos clientes e por riba diso, a capacidade comercial para lograr as vendas necesarias para alimentar a empresa. Por medio da preparación, un adquire os elementos que de "serie" non incorpora o emprendedor e que son tan relevantes na ecuación como a capacidade técnica, a habilidade comercial e o coñecemento de cómo empreder.

 

E finalmente, a maravillosa vantaxe de emprender por medio da preparación, tendo boa xestión e o control do risco, porque... non nos enganemos, emprender implica riscos, o máis evidente é o económico, pero está tamén o custo social, o custo emocional ou mesmo o custo de oportunidade. Se por medio da validación metodolóxica da nosa solución podemos reducir ao máximo eses riscos, poderemos preservar os nosos recursos, as nosas enerxías e a motivación para se por algún motivo o éxito comercial non chega, poder cambiar a unha nova solución con plenas capacidades para levala a cabo.