07 de xuño, 2023
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nunha xornada de traballo co persoal técnico da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia. Este departamento quere ampliar o servizo destes centros para realizar un acompañamento integral ás persoas usuarias para que poidan obter orientación, ademais de para a iniciativa emprendedora, sobre outros recursos autonómicos para o emprego, políticas de apoio á inserción, formación, promoción da economía social ou a reciclaxe profesional, entre outros.
Galicia conta na actualidade con 8 polos activos que traballan xa nas catro provincias e dan cobertura ao 100 % do territorio. A previsión é que antes de que remate o ano estean en marcha un total de 15 centros referentes para impulsar a iniciativa emprendedora, xerar máis e mellor emprego de calidade vencellado coas necesidades do tecido produtivo local.
15/11/2024
14/11/2024
01/11/2024