Noticia_img

Foro de mulleres emprendedoras da Costa da Morte

02 de novembro, 2022

O foro ten como obxectivo visibilizar o papel das mulleres emprendedoras no medio rural e a súa contribución ao desenvolvemento do tecido produtivo na Costa da Morte, así como divulgar e dar a coñecer o labor do Polo entre a poboación local.​ ​

O venres 11 de novembro o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Costa da Morte organiza na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, o Foro de mulleres emprendedoras da Costa da Morte, no que cinco emprendedoras da contorna debaterán sobre "O reto e as oportunidades de emprender na contorna rural".

Pilar Trillo de Casa Trillo, co seu proxecto de turismo rural; Begoña Fernández de Stoupa, co seu proxecto de promoción de artesania local; Patricia Vaquero, da consultora Nós igualdade; Silvina Muñoz, de repostería creativa Algareira; e Cristina Vázquez de Horta do Noroeste, contarán a súa experiencia como empresarias baixo a moderación de Patricia Blanco da Voz de Galicia.

A xornada será clausurada pola Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

O evento inclúe un espazo de exposición para que mulleres emprendedoras de Costa da Morte poidan mostrar os seus produtos e proxectos.

O evento é de balde con inscrición previa.


Programa completo

Inscricións