Noticia_img

A Xunta pon en valor os arredor de 330 proxectos atendidos pola rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego na provincia de Pontevedra

28 de febreiro, 2024

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, asistiu hoxe ao almorzo organizado polo Foro Empresa Pontevedra baixo o título Innovación e emprendemento. O encontro serviu para dar a coñecer proxectos concretos e ferramentas como a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que leva atendido arredor de 330 proxectos na provincia de Pontevedra.

Na actualidade están en funcionamento na provincia os Polos de Silleda e O Porriño, coa previsión de que se inaugure en breve un máis en Vilanova de Arousa. Cabe lembrar tamén as axudas activas desde a Xunta de Galicia para impulsar o emprendemento e para persoas autónomas, como a cota cero para novas altas durante os primeiros doce meses.