10 de outubro, 2022
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou o pasado 7 de outubro o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Costa da Morte, situado en Coristanco, que prestará servizo a 29 municipios da área.
O de Coristanco é o primeiro centro activo da provincia da Coruña, que prestará servizo e apoio aos 29 concellos que conforman as comarcas da Barcala, Barbanza, Bergantiños, Fisterra, Muros, Noia, Terra de Soneira e Xallas, sinalou a conselleira.
Este xa é o terceiro Polo que activa a Xunta de Galicia, xunto ao de Verín e ao de Silleda, dun total de 12 que espera ter en marcha entre este ano e 2023. Lorenzana destacou a iniciativa indicando que “isto é só o comezo”, e confirmou que antes de rematar o 2022 porase en marcha o segundo polo na provincia da Coruña, na zona de Ferrolterra, e o primeiro de Lugo, que se situará en Monforte.
A Rede iniciou o seu traballo hai tres meses, prestando asesoramento personalizado e permanente a 63 persoas, con máis de 200 sesións de titorización. Entre os primeiros proxectos destacan as apostas nos sectores do turismo e o ocio, a alimentación, os servizos profesionais, o agro ou a fabricación de bens de consumo.
Con esta iniciativa a Xunta de Galicia ofrece unha rede unificada e coordinada, conformada por titores que acompañan desde o comezo e durante cada etapa ás persoas que comezan o seu camiño profesional. Deste xeito poderán emprender en condición de seguridade e garantindo que os seus negocios medren e se consoliden no tempo.
15/10/2024
08/10/2024
23/09/2024