09 de maio, 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron hoxe en Vigo nas mesas de diálogo Ecosistema Emprendedor Galego e Emprendemento ligado ao territorio respectivamente, no marco do congreso The Way Startup Summit 2025 inaugurado onte. O obxectivo deste foro —ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, quen entregou un dos recoñecementos e interveu na clausura— é visibilizar o ecosistema de emprendemento galego —no que a Rede de polos xoga un papel fundamental— e poñer en valor experiencias e proxectos reais para reflexionar, dialogar e compartir aprendizaxes clave neste proceso.
Nas súas intervencións, Pablo Fernández e Marta Mariño fixeron fincapé no esforzo prioritario do Goberno galego a prol do emprendemento, ao que se destinan máis de 32 millóns de euros neste exercicio, remarcando o labor da Rede de polos que con 15 oficinas distribuídas por toda a Comunidade e presta, de forma gratuíta, asesoramento individualizado, cunha cifra na actualidade de case 4.000 proxectos atendidos. Tamén lembraron os programas de apoio a emprendedores Fixar, Alento e Xerme que este ano desenvolven a súa segunda edición.
12/05/2025
09/05/2025
08/05/2025