09 de xuño, 2023
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe na segunda visita dos Venres Cooperativos, programados pola Xunta nas vésperas da celebración o próximo 1 de xullo do Día Internacional do Cooperativismo, e que hoxe permitiu coñecer de primeira man o traballo de dúas entidades: a bodega Viña Costeira, emprazada na denominación de orixe Ribeiro; e Xeitura que, desde Allariz, oferta servizos culturais, medioambientais e de ocio.
A de hoxe foi a segunda das catro xornadas organizadas os venres deste mes desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para dar coñecer a experiencia de cooperativas de diferentes sectores e atraer a novos emprendedores a iniciar a súa actividade seguindo as fórmulas de economía social. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén abertas as inscricións no programa no seguinte enderezo: http://polosemprendemento.gal/calendar/os-venres-cooperativos.
15/11/2024
14/11/2024
01/11/2024