Dende 09 de maio, 2025 - Ata 09 de maio, 2025
AJE Ferrolterra e Mulleres Ártabras convidan a participar nun encontro pensado para conectar, compartir e crear novas oportunidades xuntas.
Categorías: Outra
📅 Venres, 9 de maio | 09:30h - 11:30h
📍 Gran Hotel de Ferrol (Estrada de Castela, 75, Ferrol)
A xornada comezará cunha ronda de presentacións breves, nas que cada persoa terá un minuto para contar quen é, a que se dedica e que lle gustaría compartir ou atopar neste encontro.
A continuación, abrirase unha conversa centrada na temática: "Aliados, redes e colaboración: a forza do asociacionismo local", un espazo para reflexionar sobre como o traballo en rede e a colaboración entre entidades pode impulsar os nosos proxectos profesionais e persoais.
Pecharemos cun almorzo-networking informal, ideal para seguir coñecéndose nun ambiente distendido.