A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego acompáñate no teu proxecto emprendedor tanto de forma presencial como en modalidade online para evitarche desprazamentos.
Podes entrar a formar parte dun Polo cando ti o precises.
Unha rede que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento que teñan unha vinculación coa súa contorna, e na que atoparás:
Na Rede de Polos de Emprendemento e apoio ao emprego atoparás un enfoque innovador que aposta e fomenta aqueles proxectos de emprendemento efectivos.
Identifícanse as necesidades e oportunidades para emprender que presenta cada un dos territorios.
Detéctanse as actividades económicas con potencial que xurden en cada territorio para saber onde é máis efectivo emprender.
Foméntanse os proxectos que permitan desenvolver novos sectores innovadores para dinamizar a contorna e crear sinerxias co tecido empresarial existente.