Fai click aquí para solicitar o teu rexistro
Esqueciches o teu contrasinal?
Atopa persoal técnico para o teu proxecto.
Experto en Asesoramento en emprendemento
Polo O Porriño
Tratamento e cesión de datos persoais Aos efectos do previsto no Regulamento xeral de protección de datos persoais, a Xunta de Galicia informa que, en base ao cumprimento dunha misión de interese público establecida pola Lei 3/2023, de 28 de febreiro, de Emprego, está a tratar os teus datos coa finalidade de remitirche información, prestar servizos e comunicacións relativas ás actividades de xestión de políticas activas de emprego, do espírito empresarial, de atención e acompañamento ao emprendemento e/ou á posta en marcha de iniciativas empresariais, tanto de modo presencial como a través da plataforma tecnolóxica en liña polosemprendemento.gal.
A información existente no citado ficheiro poderá ser cedida ás entidades e ao persoal técnico que forman parte da rede de Polos de Emprendemento, co exclusivo propósito de que poidan ofrecerche e/ou prestarche servizos como persoa atendida, autorizando expresamente a remitirche información relativa a axudas e recursos de apoio ao emprego, emprendemento e dinamización empresarial e local que puidesen resultar do teu interese, participar en cursos de formación ou actividades de colaboración coa rede de persoal técnico de Polos de Emprendemento ou con outras persoas usuarias interesadas na túa actividade laboral ou profesional, así como calquera outro servizo dedicado a mellorar a estabilidade e a calidade do emprego, o emprendemento, o espírito empresarial e o desenvolvemento local que formen parte dos labores da rede, segundo se especifica na súa normativa reguladora.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais normativa concordante, informámosche que poderás exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación, oposición, así como exercitar outros dereitos e obter información adicional dirixíndote ao responsable do tratamento por calquera dos seguintes medios:
- En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A dirixido á persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.
- Presencial: presentando a túa solicitude asinada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.
Responsable do tratamento:
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
San Lázaro, s/n 15703-Santiago de Compostela
A Coruña
Rua Ramiranes nº 9, Porriño, O (Pontevedra)
604078746
saulfronsel@gmail.com
* As áreas de especificación están declaradas polo persoal técnico e non son validadas ou verificadas pola Xunta de Galicia