Pontevedra Norte e Rías Baixas

A área xeográfica de actuación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte son as comarcas do Deza, Caldas e O Salnés, xunto cos concellos da Estrada e Barro.

Onde se atopa?

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte atópase situado en “La Moda” Rural Lab, o espazo de innovación e emprendemento social e sostible da Fundación Roberto Rivas en Silleda. 

Área xeográfica de actuación

A área xeográfica de actuación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte son as comarcas do Deza, Caldas e O Salnés, xunto cos concellos da Estrada e Barro. Trátase dunha área con predominancia de actividades do sector primario, como a agricultura, a gandería, a xestión forestal ou a industria conserveira, ámbitos nos que se identificarán as necesidades e oportunidades para emprender que presenta o territorio, desenvolvéndose así mesmo novos sectores innovadores que poidan dinamizar a contorna e crear sinerxias co tecido empresarial existente.

O equipo técnico deste Polo proporciona un apoio integral e continuado ás persoas que queren emprender no rural, baseándose na aplicación dunha metodoloxía contrastada e estruturada en diferentes niveis segundo as necesidades dos proxectos, complementada por unha rede de mentores e profesionais para dar un apoio puntual e especializado cando sexa necesario

O noso persoal técnico

Adrián

Adrián

Experto en Asesoramento en emprendemento e Plan de negocio e viabilidade

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Silleda - Pontevedra Equipo técnico
Eliana

Eliana

Experto en Asesoramento en emprendemento

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Silleda - Pontevedra Equipo técnico

Técnico no Polo de Emprendemento Pontevedra Norte e Rias Baixas

Vanessa

Vanessa

Experto en Asesoramento en emprendemento

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Silleda - Pontevedra Equipo técnico

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Contacto