10 de novembro, 2022
O pasado 8 de novembro, o congreso Empresarias de Galicia acolleu a participación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia.
Tivemos a oportunidade de trasladarlle aos asistentes os fundamentos da metodoloxía de acompañamento que na Rede de polos aplicamos para apoiar aos emprendedores na consecución dos seus retos e obxectivos.
A través dun taller, os asistentes puideron coñecer de primeira man como a metodoloxía empregada na Rede de polos, mellora as opcións de éxito dos negocios independentemente do momento emprendedor no que se atopen. Emprendedores e emprendedoras que queren desenvolver un modelo de negocio novo, e que polo tanto se atopen nunha etapa de definición, o que para a metodoloxía Xempre, denominamos etapa Emerxer. Quen xa sabe o que quere facer, pero non ten constatado que a súa solución teña un encaixe no mercado e que polo tanto precisan validar o seu modelo de negocio, o que para a nosa metodoloxía son emprendedores e emprendedoras na etapa Explorar. Emprendedores ou emprendedoras que comezaron a traballar e que ao ir ao mercado atopáronse cun rozamento superior ao que esperaban, etapa Executar. E, finalmente, os ou as que consolidaron unha liña de negocio e buscan desenvolver novas liñas ou chegar a novos mercados, etapa Expandir.
15/11/2024
14/11/2024
01/11/2024