Dende 27 de xuño, 2025 - Ata 27 de xuño, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol coa colaboración do GDR-29 Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas celebrará, o próximo 27 de xuño, unha xornada de boas prácticas e oportunidades de desenvolvemento rural en As Mariñas Betanzos.
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
📅 Venres, 27 de xuño | 10:00–12:30 h
📍 Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos: C/ Agra de San Marcos, s/n, 15318, Abegondo (A Coruña)
No marco do ciclo "Os Venres dos Polos", o Polo Ferrol coa colaboración do GDR-29 Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas, organiza a xornada “Raíces que fan medrar”, un espazo de encontro e inspiración arredor do emprendemento rural sostible.
A actividade celebrarase na comarca de As Mariñas-Betanzos, e servirá como punto de conexión entre persoas emprendedoras, entidades locais, asociacións e outros axentes do territorio que queiran coñecer de primeira man exemplos inspiradores, intercambiar experiencias e explorar novas oportunidades para activar iniciativas no medio rural.
Nesta xornada poderemos...
- Fomentar o espírito emprendedor rural, destacando oportunidades actuais nos ámbitos da sustentabilidade, turismo, agroalimentación, economía circular, etc.
- Crear un espazo de encontro e inspiración entre axentes locais, persoas emprendedoras e representantes institucionais.
- Favorecer a xeración de novas ideas e sinerxías entre os participantes.
- Difundir a nova convocatoria de axudas LEADER 2025, explicando condicións, prioridades e prazos.
- Poñer en valor proxectos de éxito desenvolvidos na comarca a través do GDR As Mariñas-Betanzos.
Programa:
10:00 h – Benvida institucional
10:10 h – Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol
10:30 h – Presentación das axudas LEADER 2025 a cargo do GDR
11:00 h – Mesa de experiencias: proxectos de éxito na comarca
11:40 h – Café networking
12:00 h – Charla inspiradora: proxecto beneficiario das axudas LEADER
12:30 h – Clausura
Participa nunha mañá de aprendizaxe, conexión e inspiración para facer medrar proxectos no rural. Inscríbete xa!
ColaboradoresGDR-29 Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas