Dende 27 de xuño, 2025 - Ata 27 de xuño, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol coa colaboración do GDR-29 Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas celebrará, o próximo 27 de xuño, unha xornada de boas prácticas e oportunidades de desenvolvemento rural en As Mariñas Betanzos.
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial

📅 Venres, 27 de xuño | 10:00–12:30 h
📍Lugar Tras da Igrexa 26, Abegondo
No marco do ciclo "Os Venres dos Polos", o Polo Ferrol coa colaboración do GDR-29 Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas, organiza a xornada “Raíces que fan medrar”, un espazo de encontro e inspiración arredor do emprendemento rural sostible.
A actividade celebrarase na comarca de As Mariñas-Betanzos, e servirá como punto de conexión entre persoas emprendedoras, entidades locais, asociacións e outros axentes do territorio que queiran coñecer de primeira man exemplos inspiradores, intercambiar experiencias e explorar novas oportunidades para activar iniciativas no medio rural.
Contará coa participación de Paula Martínez, de A Castrexa, e Juanjo Blanco, de Galicia Eventos e Ocio, no faladoiro sobre proxectos de éxito. Por outra banda, para falar da súa experiencia como beneficiarios das axudas LEADER, participarán Miguel Ángel Roig, de Os Biosbardos, e Cristina Bañobre, de Daterra.
Nesta xornada poderemos...
- Fomentar o espírito emprendedor rural, destacando oportunidades actuais nos ámbitos da sustentabilidade, turismo, agroalimentación, economía circular, etc.
- Crear un espazo de encontro e inspiración entre axentes locais, persoas emprendedoras e representantes institucionais.
- Favorecer a xeración de novas ideas e sinerxías entre os participantes.
- Difundir a nova convocatoria de axudas LEADER 2025, explicando condicións, prioridades e prazos.
- Poñer en valor proxectos de éxito desenvolvidos na comarca a través do GDR As Mariñas-Betanzos.
Programa:
10:00 h – Benvida institucional a cargo do presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas José Santiso Miramontes e o Subdirector Xeral de Emprendemento José Luis Maestro
10:10 h – Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol a cargo das técnica de emprendemento Susana Santamaría
10:30 h – Presentación das axudas LEADER 2025 a cargo do técnico do GDR Diego Miranda
11:00 h – Mesa de experiencias. Proxectos de éxito na comarca. Paula Martínez, de A Castrexa e Juanjo Blanco, de Galicia Eventos e Ocio
11:40 h – Café networking
12:00 h – Charla inspiradora: proxecto beneficiario das axudas LEADER. Miguel Ángel Roig, de Os Biosbardos, e Cristina Bañobre, de Daterra
12:30 h – Clausura
Participa nunha mañá de aprendizaxe, conexión e inspiración para facer medrar proxectos no rural. Inscríbete xa!
![]()
ColaboradoresGDR-29 Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas