Coñece e planifica as túas finanzas da man do Banco de España

Dende 11 de xullo, 2025 - Ata 11 de xullo, 2025

Aprende a xestionar o teu orzamento, comprender a financiación e tomar decisións económicas máis informadas nesta formación práctica da man do Banco de España, organizada desde os Polos O Carballiño, Verín e Baños de Molgas.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📅 Venres, 11 de xullo | 17:00–19:30 h
📍 Parque Tecnolóxico de Galicia – San Cibrao das Viñas, Ourense

 

Tras o éxito da primeira formación celebrada en febreiro, repetimos a experiencia con esta nova edición en Ourense, da man dos Polos O Carballiño, Verín e Baños de Molgas, para seguir achegando ferramentas financeiras útiles ás persoas emprendedoras da provincia.

 

Se estás pensando en poñer en marcha o teu propio negocio ou acabas de comezar, esta formación é para ti. Co apoio dos técnicos do Banco de España, aprenderás os conceptos básicos que necesitas para tomar decisións financeiras máis informadas, planificar mellor o teu orzamento e entender os aspectos clave á hora de contratar unha financiación.

 

Programa:
17:00 h – Benvida e presentación e recepción de invitados
17:10 h – Presentación institucional. 
17:15 h – Ponencia: Planificación das finanzas. Que debo saber ao contratar unha financiación? A cargo dos técnicos do Banco de España.
• Definición de finanzas
• Concepto de riqueza e seguridade financieira
• O orzamento como ferramenta fundamental
• Compoñentes do orzamento
• Financiación

19:15 h – Preguntas e dúbidas
19:25 h – Agradecementos e peche da actividade formativa

 

Inscríbete e aproveita esta formación pensada para resolver dúbidas reais e ofrecer consellos prácticos nun formato accesible e dinámico.

 

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresTecnópole

Voltar