Dende 11 de xullo, 2025 - Ata 11 de xullo, 2025
Aprende a xestionar o teu orzamento, comprender a financiación e tomar decisións económicas máis informadas nesta formación práctica da man do Banco de España, organizada desde os Polos O Carballiño, Verín e Baños de Molgas.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

📅 Venres, 11 de xullo | 10:30 – 13:00 h
📍 Parque Tecnolóxico de Galicia – San Cibrao das Viñas, Ourense
Tras o éxito da primeira formación celebrada en febreiro, repetimos a experiencia con esta nova edición en Ourense, da man dos Polos O Carballiño, Verín e Baños de Molgas, para seguir achegando ferramentas financeiras útiles ás persoas emprendedoras da provincia.
Se estás pensando en poñer en marcha o teu propio negocio ou acabas de comezar, esta formación é para ti. Co apoio dos técnicos do Banco de España, aprenderás os conceptos básicos que necesitas para tomar decisións financeiras máis informadas, planificar mellor o teu orzamento e entender os aspectos clave á hora de contratar unha financiación.
Programa:
10:30 h – Benvida e presentación e recepción de invitados.
10:35 h – Presentación institucional.
10:40 h – Relatorio: Planificación das finanzas. Que debo saber ao contratar unha financiación? A cargo dos técnicos do Banco de España.
12:45 h – Preguntas e dúbidas.
12:55 h – Agradecementos e peche da actividade formativa.
Inscríbete e aproveita esta formación pensada para resolver dúbidas reais e ofrecer consellos prácticos nun formato accesible e dinámico.
![]()
ColaboradoresTecnópole