Dende 12 de outubro, 2022 - Ata 31 de decembro, 2024
Categorías: Tecnoloxías da Información Investimentos
As subvencións reguladas e convocadas por esta resolución teñen por obxecto executar o Programa Kit Digital, dirixido á dixitalización das pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego comprendidas no Segmento III do artigo 7.2 das Bases Reguladoras, ( pequenas empresas entre 0 e menos de 3 persoas empregadas).
As axudas ("bono digital") desta Convocatoria teñen a consideración de subvención directa, outorgadas mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, e consistirán en disposicións dinerarias destinadas a financiar a adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado cuxas referencias se atopen accesibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Dixital, regulado no artigo 12 das Bases Reguladoras.
O importe máximo de axuda por beneficiario será de 3.000 € (ampliado mediante a Modificación III das bases reguladoras), ao estar dirixidas unicamente ao Segmento III.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea emprazado en territorio español, comprendidas no Segmento III (Pequenas empresas ou Microempresas entre 0 e menos de 3 persoas empregadas).
Ficha informativa sede electrónica
Modificación I Bases reguladoras
Modificación II Bases reguladoras