Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III (entre 0 e 3 persoas empregadas) - 2022

Dende 12 de outubro, 2022 - Ata 20 de outubro, 2023

Categorías: Investimentos Tecnoloxías da Información

Acceda dende aquí

Programa Kit Dixital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III - 2022

Data de publicación: 12 de outubro de 2022

Data de inicio solicitude: 20 de outubro de 2022

Data de remate solicitude: 20 de outubro de 2023

Aviso! Red.es publica la Guía de presentación de solicitudes para facilitar la solicitud de la ayuda.

Obxecto

As subvencións reguladas e convocadas por esta resolución teñen por obxecto executar o Programa Kit Digital, dirixido á dixitalización das pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego comprendidas no Segmento III do artigo 7.2 das Bases Reguladoras, ( pequenas empresas entre 0 e menos de 3 persoas empregadas).

Características da axuda

As axudas ("bono digital") desta Convocatoria teñen a consideración de subvención directa, outorgadas mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, e consistirán en disposicións dinerarias destinadas a financiar a adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado cuxas referencias se atopen accesibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Dixital, regulado no artigo 12 das Bases Reguladoras.

O importe máximo de axuda por beneficiario será de 2.000 €, ao estar dirixidas unicamente ao Segmento III.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea emprazado en territorio español, comprendidas no Segmento III (Pequenas empresas ou Microempresas entre 0 e menos de 3 persoas empregadas).


Publicación BOE

Ficha informativa sede electrónica

Bases reguladoras

Modificación bases reguladoras

Imprimir
Axuda