Bolsa de remuda de negocios

Hostalaría
Data límite para a remuda 01/04/2025
Polo Mondoñedo

Restaurante O Novo

Cuarenta e tres anos despois da súa fundación, un negocio senlleiro de O Valadouro, o restaurante O Novo, alugase ou traspásase. Este establecemento ten tamén habitacións, pero o hostal non está por agora á venda.

Local de 250 m2, conta con cociña totalmente equipada e asador para servir os mellores pratos ós seus clientes. Este negocio está en pleno funcionamento, con gran afluencia de xente e unha clientela fixa que asegura o éxito do negocio.

A dona do local vese obrigada a traspasar o negocio motivada pola xubilación do seu marido. Quen desexe adquirir este negocio terá a oportunidade de facerse cun local con todas as súas licenzas vixentes e cunha boa localización, así como con unha carteira de clientes consolidada e recoñecemento na contorna.

VOLVER