Bolsa de remuda de negocios

Hostalaría
Data límite para a remuda 01/03/2025
Polo Mondoñedo

Cafe-bar O Cabaliño de Mar

Café / Bar situado no centro de Xove, cunha terraza ampla onde poder gozar dunhas refrescantes vistas e un parque infantil con bólas, ideal para os máis pequenos da casa. O local atópase a tan só 5 minutos da praia, o que converte o negocio no lugar ideal para gozar dunha boa comida e un rico café.

Ademais, a local conta con cociña totalmente equipada para servir os mellores pratos ós seus clientes. Este negocio está en pleno funcionamento, con gran afluencia de xente e unha clientela fixa que asegura o éxito do negocio.

Con todo, o dono do local, por problemas de saúde, vese obrigado a traspasar o negocio con todas as súas licenzas ao día. Por tanto, quen desexe adquirir este negocio terá a oportunidade de facerse cun local con todas as súas licenzas vixentes e cunha boa localización, a tan só 5 minutos da praia.

VOLVER