Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: vacún de carne

Dende 11 de xullo, 2024 - Ata 11 de xullo, 2024

AGACA organiza unha sesión que busca reunir a cooperativas do sector do vacún de carne en Galicia para estreitar lazos e afrontar futuros retos.

Categorías: Outra

 

 

 

 

 

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), no marco da rede Eusumo, organiza unha xornada que ten como un dos seus obxectivos que as cooperativas de vacún de carne compartan experiencias e creen lazos de colaboración entre elas.

 

Nesta sesión buscarase compartir a visión estratéxica dos mercados da IXP Ternera Gallega e de Cooperativas Agro-alimentaria de España, así coma os proxectos da interprofesional PROVACUNO. Tamén será unha boa oportunidade para formarse máis sobre os métodos de produción de vacún de carne tanto en Galicia como no resto de España e afondar nas estratexias e retos comerciais do sector de cara ao futuro.

 

Se es unha persoa con cargos directivos nas cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico), unha muller socia ou tes entre 18 e 35 anos e es unha persoa socia dunha cooperativa, esta xornada é para ti.

 

O encontro terá lugar o xoves 11 de xullo de 9:45 a 14:45 h. Na sede da IXP Ternera Gallega, na Rúa do Obradoiro C.A.B., 2 (Santiago de Compostela).

 

Agardámoste!


Programa

Outra

Voltar