Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: Sostibilidade
Dende 28 de outubro, 2024 - Ata 28 de outubro, 2024
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza as xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas "Sostibilidade" no marco da Rede Eusumo
Categorías:
Outra
Data: 28 de outubro
Horario: de 9:45 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Obxectivos:
- Avanzar nos coñecementos e desenvolvemento de proxectos de créditos de carbono
- Coñecemento sobre a implantación normativa e as esixencias das entidades financeiras sobre a sostibilidade corporativa nas cooperativas
- Coñecer as accións da Unión Europea no deseño de ferramentas que miden e facilitan a sostibilidade no sector agrario
- Coñecer os traballos que a interprofesional láctea INLAC desenvolveu con relación ás producións lácteas
- Explicar os resultados do proxecto Feader 2022-044B sobre a sostibilidade das producións cárnicas galegas
Persoas destinatarias:
- Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas
Máis información: contacta a través de agaca@agaca.coop
Programa