Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: competitividade

Dende 23 de xullo, 2024 - Ata 23 de xullo, 2024

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: competitividade" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

 

Obxectivos:

 

  • Coñecer as últimas propostas de modificación normativa que afectan de inmediato as cooperativas e as súas persoas socias.
  • Profundar nas estratexias e o acceso a man de obra para o medio agrario e gandeiro mediante o Plan Retorna.
  • Estratexia da comercialización alimentaria de Galicia.
  • Avanzar nos retos da dixitalización dos vindeiros anos e os apoios aos que o sector primario pode acceder para abordalos.
  • Compartir a visión estratéxica das tendencias nos requirimentos e sostibilidade relacionados co financiamento.

 

Persoas destinatarias:

 

  • Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

 

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop


Programa

Outra

Voltar