Xornadas Ensino- Empresa CIFP Ferrolterra

Dende 30 de xaneiro, 2024 - Ata 30 de xaneiro, 2024

O Polo de Emprendemento e apoio ao emprego Ferrol participa nas XVIII Xornadas Ensino- Empresa que se celebran durante a semana do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro no CIFP Ferrolterra en Ferrol.

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol participa o día 30 de xaneiro nun encontro entre empresas, persoas emprendedoras, entidades e estudantes co obxectivo de favorecer o contacto entre elas e dar unha visión das futuras profesións e saidas profesionais.

 

Un evento co que cada ano, desde fai xa máis dunha década, quere favorecer o contacto entre as empresas e os estudantes. As primeiras teñen así a oportunidade de explicar aos futuros profesionais non só as súas necesidades en canto a persoal senón tamén os avances e innovacións que aplican nos seus centros de traballo. Para os estudantes, pola súa banda, é unha forma de aproximarse á realidade laboral na que nun futuro poderán desenvolver a súa carreira profesional e expor as dúbidas que lles poidan xurdir.

 

O evento celébrase durante 5 días con temáticas diferentes, entre elas ferramentas de busqueda de emprego e experiencias emprendedoras.

 

Programa 30 de xaneiro

9h-10.30h. "Aprendendo a voar"

  • Carla Iglesias de "La Guagua Servicios Socioculturales S.L".
  • Presentación do "Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Ferrol". Susana Santamarina, técnica de emprendemento.
  • Presentación AJE Ferrolterra. Dña Yadira Tenreiro, Presidenta AJE Ferrolterra. 

11h-12:30h "Experiencias emprendedoras"

  • Raúl Lomba, fundador da empresa "Waves".
  • Hugo Fraga, fundador da empresa "Hyliacom, agencia de marketing digital".
  • Yadira Tenreiro, fundadora da empresa "Residencia canina El Bosque".

13h-14:30h "Misión Emprender" a cargo da empresa "La Guagua Servicios Socioculturales S.L".

 

O programa completo o podes consultar premendo máis abaixo.

 


Programa

Voltar