Dende 20 de setembro, 2024 - Ata 21 de setembro, 2024
Chega a Pont-Up store a Pontevedra os días 20 e 21 de setembro!
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
A Xunta de Galicia contará cun stand na carpa da Pont-Up Store e desenvolverá tres actividades relacionadas co emprendemento: un xogo, unha sesión de networking e unha mesa redonda. Ademais, poderás descubrir diferentes proxectos emprendedores que surxiron ou recibiron o asesoramento da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Se che interesan, segue lendo!
O venres 20 de 13:15 a 14:15 h terá lugar na carpa da feira un xogo organizado por Buscalume SCG co obxectivo de fomentar o emprendemento entre o alumnado de 3 e 4 da ESO, presentado por Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais.
O sábado 21 setembro, de 11:00 a 13:00 h, celebrarase unha sesión de networking dirixida a persoas emprendedoras que desexen dar a coñecer a súa iniciativa e buscar futuras colaboracións. Esta actividade será facilitada por Dani Pérez, promotor do proxecto TalentÁrea e conferenciante TED, podes botar un ollo á súa conferencia sobre os 11 pasos para acadar o equilibrio. Se desexas participar neste networking podes insribirte aquí!
O mesmo sábado 21 ás 13:15 h, ao rematar esta sesión, terás a posibilidade de asistir a unha mesa redonda onde se darán a coñecer os apoios ao ecosistema emprendedor. Esta charla, coa participación conxunta de Igualdade, Emprego e Igape, é unha exposición do mapa de axudas públicas con opción de preguntas que será moi útil para toda persoa emprendendora ou que estea barallando esa opción.
Estarán presentes na mesa redonda:
Achégate ao 2º andar da Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11, Pontevedra, para acceder a toda esta información.
Anímate a xogar, conectar e aprender, mentres te rodeas de persoas emprendedoras coma ti!