Xornada técnica con apicultores

Dende 09 de abril, 2025 - Ata 09 de abril, 2025

O Polo da Fonsagrada impulsa esta iniciativa para fortalecer a produción dos pequenos produtores agroalimentarios, especialmente no sector apícola.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

📅 Mércores, 9 de abril | 10:00-12:00 h
📍 Polo A Fonsagrada (Rúa Marqués de Rodil 1, A Fonsagrada, Lugo)

 

O sector apícola na Montaña de Lugo destaca pola súa tradición e pola calidade dos seus produtos, pero enfronta retos como a visibilidade no mercado e a falta de cooperación entre apicultores. O Polo da Fonsagrada impulsa esta xornada para fomentar o traballo en rede e explorar solucións conxuntas que permitan mellorar a rendibilidade do sector.

 

Tras visitar proxectos de éxito na Veiga, os participantes analizarán estratexias de colaboración, como a creación dunha asociación, compras en conxunto ou a posta en marcha dun obradoiro compartido. O obxectivo é fortalecer a produción local e consolidar un modelo de traballo sostible e competitivo.

 

Nesta xornada coñecerás...

  • Como reforzar a cooperación entre apicultores para mellorar a competitividade

  • Estratexias para a comercialización e posta en valor do mel da comarca

  • Experiencias de éxito en proxectos colaborativos e obradoiros compartidos

  • Ferramentas para crear sinerxías e impulsar novos proxectos no sector

 

Programa: 

10:00 - 10:15h Recepción das persoas asistentes

  • Benvida e presentación da xornada.

10:15 – 10:45h Recapitulación de antecedentes.

  • Breve recapitulación das experiencias aprendidas e vividas sobre as iniciativas de obradoiros compartidos.

  • Análise e conclusións.

10:45 - 11:20h Diagnóstico participativo sobre a posibilidade de proxectos colaborativos na Montaña de Lugo

  • Identificación de intereses e principais problemas e dificultades que enfronta o sector para a produción en colaboración no territorio.

  • Posta en común de intereses e conformación de grupos de traballo por intereses. Primeiros pasos de proxectos pilotos e traballos a realizar.

11:20 - 11:30h Pausa café

11:30 – 11:45h Peche e compromisos

  • Compromisos do colectivo para iniciar accións de colaboración.

  • Rolda de preguntas e dúbidas.

  • Peche da xornada.

 

Se formas parte do sector da apicultura ou tes interese en impulsar proxectos colaborativos, inscríbete!


Presencial

Voltar