Dende 08 de xullo, 2024 - Ata 08 de xullo, 2024
Sesión de networking e información sobre os resultados do programa +COOP da Unión de Cooperativas EspazoCoop
Categorías: Outra
A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Xunta de Galicia, Cepes e o FSE+, o programa +COOP, co obxectivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.
+COOP desenvólvese a través da orientación, información, asesoramento e o acompañamento especializado aos colectivos de persoas que queren emprender, para facer das súas ideas de negocio e actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente.
Os obxectivos desta sesión son presentar os resultados e boas prácticas de + COOP, visibilizar proxectos de emprendemento baixo a fórmula de cooperativa, amosando experiencias das beneficiarias deste programa e crear un espazo de coñecemento mutuo, de relacións e de intercooperación.
O programa será o seguinte:
10.00 - 10.30 h. Recepción de asistentes
10.30 - 11.00 h. Benvida institucional polo representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop e o representante do Polo de emprendemento e de apoio ao emprego de Silleda
11.00 - 11:30 h. Presentación de resultados do Programa +COOP por Lucía Mendoza Fernández, directora da Unión de Cooperativas EspazoCoop
11.30 - 13.00 h. Mesa de cooperativas participantes en +COOP. Modera Rosa Bernárdez, técnica da Unión de Cooperativas EspazoCoop
13.00 - 13.30 h. Liñas de axudas públicas para o emprendemento en cooperativa e outras fórmulas de economía social polo representante da Xunta de Galicia e o representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop
13.30 h. Café e espazo de intercooperación e networking
A xornada terá lugar o luns, 8 de xullo, en “La Moda” Rural Lab, rúa Trasdeza nº 70, Silleda
Anímate a aprender máis sobre +COOP, o cooperativismo e a facer networking!