Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: xestión de parque de maquinaria

Dende 12 de xullo, 2024 - Ata 12 de xullo, 2024

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Xestión de parque de maquinaria" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Data: 12 de xullo.

Horario: de 9:30 h a 14:30 h.

Modalidade: en liña.

Plataforma: Zoom.

 

Obxectivos: 

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias con parques de maquinaria e en CUMA.
  • Promover o coñecemento de novas formas de organización e prestar servizos ás producións agrarias e gandeiras, consideradas como oportunidade de negocio.
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores.

 

Persoas destinatarias:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias.
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social.
  • Público en xeral.

 

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

 


Programa

Outra

Voltar