Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: produción do aguacate

Dende 17 de outubro, 2024 - Ata 17 de outubro, 2024

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Produción do aguacate" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

 

Data: 17 de outubro

 

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

 

Modalidade: en liña

 

Plataforma: Zoom

Obxectivos: 

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento de novas formas de organización e prestar servizos ás producións agrarias e gandeiras, consideradas como oportunidade de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores

 

Persoas destinatarias:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Público en xeral

 

Inscricións: a través deste formulario

 

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop


Outra

Voltar