Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: cultivo de cánabo
Dende 10 de maio, 2024 - Ata 10 de maio, 2024
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Cultivo de cánabo" no marco da Rede Eusumo.
Categorías:
Outra
Data: 10 de maio.
Horario: de 9:30 h a 14:30 h.
Modalidade: en liña.
Plataforma: Zoom.
Obxectivos:
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
- Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia, consideradas como oportunidades de negocio.
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
- Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores.
Persoas destinatarias:
- Socios e socias das cooperativas agroalimentarias.
- Persoas que teñan vinculación coa economía social.
- Público en xeral.
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Programa