
Data: 4 de abril de 2025
Horario: De 9:30 a 14:30
Modalidade: Teleformación ou Presencial
Lugar: C.F.E.A. Pedro Murias. Lugar A Granxa, 1 Vilaframil (Ribadeo - Lugo)
Contidos da xornada:
- Cultivo das Fabas de Calidade: Características agroclimáticas, manexo de chan e preparación de terreo, ciclo de cultivo e técnicas de sementa, fertilización e rega (boas prácticas para optimizar a produción).
- Apoio a iniciativas da Consellería de Emprego en Economía Social.
- A selección de sementes para a produción de fabas de calidade.
- Sanidade da semente de faba de Lourenzá: Conclusións proxecto FEADER 2021/066A.
- O Cambio Climático, pragas e enfermidades na selección de sementes de faba.
- Calidade e certificación da Faba de Calidade: Denominación de Orixe Protexida-DOP (requisitos e beneficios). Estándares de calidade e procesos de certificación
- Comercialización e tendencias de mercado: Estrutura do mercado Faba de Lourenzá, Xestión cooperativa e as estratexias de comercialización.
Inscricións: a través desta ligazón
Máis información: A través de www.agaca.coop