Xornada | Fitosanitarios e cooperativas

Dende 30 de abril, 2025 - Ata 30 de abril, 2025

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a Xornada “Fitosanitarios e cooperativas” no marco da Rede Eusumo.

Categorías: Outra

 

📅 Mércores, 30 de abril | 9:30-14:30h

💻 Online

 

Contidos da xornada: 

  • RD 1050/2022 para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios: prazos, indicadores individualizados de uso e valor de referencia. Aplicación na normativa sectorial do caderno dixital de explotación.

  • Apoio ás cooperativas agrarias dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

  •  MESA REDONDA: Xestión Integrada de Pragas e posibles estratexias a aplicar nos sectores de viño, horta e oliva en cooperativas galegas: (trampas, fauna útil etc.), almacenaxe seguro de fitosanitarios, ITEAF, EPI, CUE, asesoramento a persoas socias etc. (consellos e estratexias fundamentais).

  • Innovacións de interese produtiva: fertilizantes foliares, biofertilizantes, bioestimulantes, nutrixenómica etc. nas producións agrarias galegas..

  • Tratamentos fitosanitarios e abonos foliares con DRONS: Son necesarios? En que condicións son posibles e viables?

 

Inscricións: a través desta ligazón

 

Máis información: A través de www.agaca.coop ou  contacta a través de agaca@agaca.coop


Outra

Voltar