Xornada de Presentación e Intercambio "O programa de FP Dual Adaptada para persoas con discapacidade intelectual"

Dende 29 de novembro, 2024 - Ata 29 de novembro, 2024

A Asociación empresarial galega de entidades non lucrativas da discapacidade (In-Red) organiza a Xornada de Presentación e Intercambio "O Programa de FP Dual Adaptada para persoas con discapacidade intelectual"

Categorías: Outra

 

 

Data: 29 de novembro

Horario: de 10:00 h a 12:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: Nigrán - Centro de negocios de Porto do Molle

 

Obxectivos: 

 

Presentar e promover os 9 itinerarios de Formación Profesional Dual Adaptada parapersoas con discapacidade intelectual nos sectores do comercio, da hostelería, da xardinería, da xestión forestal e da limpeza, que se están a desenvolver co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. Actualmente participan no Programa 6 centros especiais de emprego de Galicia.

 

O evento será unha oportunidade de encontro entre os equipos de profesionais e aprendices que están a participar no Programa, para reforzar lazos e favorecer a colaboración e o intercambio de coñecementos. No cadro da xornada presentaranse tamén os resultados do proxecto europeo “DUAL-Ad” que ten a finalidade de transferir a metodoloxía da FP Dual Adaptada a outras rexións europeas.

 

Programas e contidos:

10:00 h | Presentación da Xornada - IN-RED

10:15 h | Saúdo de Juan González Pérez, Alcalde do Concello de Nigrán

Proxección do video promocional dos itinerarios de FP Dual Adaptada. 

10:40 h | Experiencias da FP Dual Adaptada de Galicia. Escoitaranse testemuñas de aprendices, persoal formador e de apoio dos centros especiais de emprego CEE ASPABER S.L. (Carballo), FUNDACIÓN JUAN XXIII (Pontevedra), JUAN MARÍA SIN ETIQUETAS S.L. (Nigrán), LUME ACEESCA S.L. (O Porriño), SERVINSERTA S.L. (Boiro), XEREMPREGA-SAN JERÓNIMO EMILIANI S.L. (A Guarda)

11.50 h | O proxecto "DUAL-Ad": a FP Dual Adaptada para Europa. Presentación do proxecto a cargo de Domenico Tinelli, Director-Xerente de IN-RED

12:10 h | Intervención de Marta Mariño Regueiro, Directora Xeral de Traballo autónomo e Economía Social - Xunta de Galicia

12:30 h | Peche da xornada

12:45 h | Traslado ao Parque comercial NASAS para visitar a tenda de JUAN MARÍA SIN ETIQUETAS, xestionada polos/as aprendices do itinerario de FP Dual Adaptada de "Auxiliares de comercio"

Petiscos e networking

 

 

Máis información: contacta a través do correo inred@inred.gal ou do teléfono 625799978


Programa

Outra

Voltar